Julieta Monginho
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xurista |
Julieta Monginho, nada en Lisboa en 1958, é unha escritora portuguesa.
Biografía
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito, frecuentando o Centro de Estudos Judiciários en 1983 e foi maxistrada en Montemor-o-Novo entre 1985 e 1988, en Torres Vedras entre 1988 e 1990, en Sintra entre 1990 e 1994, e en Cascais entre 1994 e 1998. Entre 1998 e 2000, foi asesora no Supremo Tribunal de Xustiza de Portugal. Especializouse na xurisdición de Familia e Menores. Despois foi Procuradora Xeral Adxunta na Procuradoria Geral Regional de Lisboa. Destaca tamén como defensora dos dereitos humanos.[1]
Colabora regularmente en revistas literarias e xurídicas.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Juízo perfeito (1996). Edições Asa. 224 páxs. ISBN 9789724117027. Ed. de 2019 en Porto Editora, ISBN 978-972-0-03144-0.
- A paixão segundo os infiéis (1998). Dom Quixote. 256 páxs. ISBN 9789722014649.
- À tua espera (2000). Dom Quixote. 276 páxs. ISBN 9789722017534.
- Dicionário dos livros sensíveis (2000). Campo das Letras. 108 páxs. ISBN 9789726103592.
- Os filhos de K (2001). Teodolito. 264 páxs. ISBN 9789898580351.
- Onde está J.? : diário (2002). Campo das Letras. 264 páxs. ISBN 9789726105336.
- A árvore no meio da sala (2003) (co-autora)
- A construção da noite (2005). Dom Quixote. 225 páxs. ISBN 9789722029476.
- A terceira mãe (2008). Campo das Letras. 280 páxs. ISBN 9789896252960.
- António, Maria (2010). Edición especial e fóra de mercado en memoria dos pais.[3]
- Metade maior (2012). Ed. Estampa. 160 páxs. ISBN 9789723326949.
- Um muro no meio do caminho (2018). Porto Editora. 248 Páxs. ISBN 978-972-0-03030-6. Unha novela sobre a dura realidade dos refuxiados que, atravesando perigosamente o Mediterráneo, procuran unha nova casa en territorio europeo.[4]
Premios[5]
[editar | editar a fonte]- 2000: Prémio Máxima de Literatura, con À tua espera
- 2008: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB, con A terceira mãe
- 2019: Prémio Fernando Namora, con Um muro no meio do caminho
- 2019: Prémio PEN Clube Português, con Um muro no meio do caminho
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Julieta Monginho: O mundo é uma biblioteca sem fronteiras - JPN". JPN - JornalismoPortoNet (en portugués). 2018-02-28. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Julieta Monginho". Das Letras (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Julieta Monginho". Porto Editora. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Julieta Monginho. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista en 2018
- Biografía na DGLeB